VER O QUE ESTÁ DIANTE DOS NOSOS OLLOS,
REQUIRE UN ESFORZO CONSTANTE.



O PROBLEMA

O desenvolvemento de enfermidades, a desaparición de insectos vitais como as abellas, a contaminación das nosas augas e terras, a deforestación, a contribución ao cambio climático… Estas son algunhas das consecuencias da agricultura industrial. Este tipo de agricultura é ademais un modelo:

  • Destrutivo, que consome gran cantidade de auga e petroleo.
  • Asociado á deforestación de ecosistemas de gran valor.
  • Que emprega produtos químicos (fertilizantes e praguicidas) que provocan emisións de gases de efecto invernadoiro, contaminan os acuíferos, os chans e os alimentos e afectan á biodiversidade.
  • Que ameaza a agrodiversidade e a biodiversidade en xeral.
  • Responsable dunha cuarta parte das emisións de gases de efecto invernadoiro.
  • Que consome o 70% da auga doce do planeta.

A agricultura industrial naceu co único obxectivo de incrementar masivamente a produción de alimentos… e conseguiuno, pero cuns “intereses” que non poderá pagar a nosa xeración nin as futuras. A triste realidade é que preto do 30% dos alimentos tíranse ao lixo, cando o número de persoas famentas supera a alarmante cifra de 800 millóns de persoas. Ademais para producir estes alimentos que terminan no lixo utilízanse moitos recursos, por exemplo, o 24% da auga doce.

  • Doutra banda, a inmensa maioría da produción mundial de alimentos non se destina a alimentar a persoas directamente, senón a producir pensos para que nos países enriquecidos se poida dispoñer de carne, e outros derivados animais, barata. Os grandes cultivos para producir pensos para alimentar a animais, que á súa vez satisfán as nosas necesidades insanas de carne, están a destruír e aposte decididamente pola agricultura ecolóxica.
  • Non autorizar proxectos de macrogranxas e fomentar a redución do consumo de carne e outros derivados animais.


CONCLUSIÓN

O ser humano necesitará tres planetas para abastecer ao ritmo actual de consumo, sobre todo porque se prevé un crecemento demográfico para 2050 que nos situará en 9.600 millóns de persoas. Simplemente non é posible soportar este nivel de produción, consumo e a súa contaminación asociada porque vivimos nun planeta con recursos finitos. Por iso, habemos de cambiar os nosos patróns de consumo para reverter hábitos inadecuados e pouco sustentables. As cifras falan por si soas. O uso medio dunha bolsa de plástico é de 15 minutos mentres que tarda centos de anos en degradarse e así pasa con case todos os produtos dun só uso, como as bolsas, as botellas ou as palliñas. Non só é cuestión de reutilizar e reciclar, senón de reducir o seu consumo e buscar alternativas. Unha bolsa de tea, ou unha botella reutilizable son alternativas para evitar estes plásticos dun só uso. Os Gobernos e as empresas tamén teñen que liderar unha eliminación deste tipo de envases, promocionar o sistema de retorno de envases, e tomar iniciativas valentes que eviten a xeración deste tipo de residuos en primeiro lugar.