Fomentamos un cambio local e global cara a unha sociedade respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria. Utilizamos a acción directa non violenta para atraer a atención pública cara os problemas globais do medio ambiente e impulsar as solucións necesarias para a nosa misión que é conservar a natureza, os seus hábitats e especies, e loitar contra as ameazas sobre a vida na Terra. Para alcanzar a nosa misión, traballamos con todas as nosas forzas, paixón e creatividade, en defensa da natureza e as persoas para ter un futuro verde e en paz.