ALGÚNS DOS PROBLEMAS

O desenvolvemento de enfermidades, a desaparición de insectos vitais como as abellas, a contaminación das nosas augas e terras, a deforestación, a contribución ao cambio climático… Estas son algunhas das consecuencias da agricultura industrial. Este tipo de agricultura é ademais un modelo:

  • Destrutivo, que consome gran cantidade de auga e petroleo.

  • Asociado á deforestación de ecosistemas de gran valor.

  • Que emprega produtos químicos (fertilizantes e praguicidas) que provocan emisións de gases de efecto invernadoiro, contaminan os acuíferos, os chans e os alimentos e afectan á biodiversidade.

  • Que ameaza a agrodiversidade e a biodiversidade en xeral.

  • Responsable dunha cuarta parte das emisións de gases de efecto invernadoiro.

  • Que consome o 70% da auga doce do planeta.

A agricultura industrial naceu co único obxectivo de incrementar masivamente a produción de alimentos… e conseguiuno, pero cuns “intereses” que non poderá pagar a nosa xeración nin as futuras. A triste realidade é que preto do 30% dos alimentos tíranse ao lixo, cando o número de persoas famentas supera a alarmante cifra de 800 millóns de persoas. Ademais para producir estes alimentos que terminan no lixo utilízanse moitos recursos, por exemplo, o 24% da auga doce.

Doutra banda, a inmensa maioría da produción mundial de alimentos non se destina a alimentar a persoas directamente, senón a producir pensos para que nos países enriquecidos se poida dispoñer de carne, e outros derivados animais, barata. Os grandes cultivos para producir pensos para alimentar a animais, que á súa vez satisfán as nosas necesidades insanas de carne, están a destruír e aposte decididamente pola agricultura ecolóxica.Non autorizar proxectos de macrogranxas e fomentar a redución do consumo de carne e outros derivados animais.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da súa navegación. Se continúas navegando aceptas o seu uso    Política de cookies
Privacidad