Unha vez ao mes recollida de alimentos…

para animais…

Estas recollidas de alimentos periódicas teñen como fin o axudar a protectoras coas que colaboramos e non teñen subvención algunha, tamén coordinamos penso a persoas en situación de rúa e con animais, xa que non teñen suficientes recursos para facer fronte á alimentación das súas mascotas.

Unha vez ao mes recollida de alimentos…

para asegurar necesidades básicas….

Os recortes realizados pola administración nos últimos anos e acentuados pola pandemia da covid19 neste 2020, amosan unha paisaxe sombria, mais porén non peor que as pasadas. Pois a historia amósanos que a organización e a cooperación son útiles ferramentas para afrontar malas situacións.

Na procura de coñecerse, xogar, aprender…

  • Animaladas en Nadal……… con pallasos, ” pintacaras” e papiroflexia.
  • Animalarte…….. actuacións diversas, charlas e mercadillos.
  • Entroido Animal…….. distintas actividades e actuacións para nen@s.
  • COLABORACIÓN na realización do colectivo e actos en concello por un parque para cans na leira Matías.
  • CSOA A QUINTA DÁ CARMINHA. Distopía en concerto e cenador.
  • AVV. NOVOVIGO – Posto informativo e de venda, concienciación animal no PARQUE D’ARTE DE NAVIA.
  • CSOA A QUINTA DÁ CARMINHA. I xornada contra os malos tratos animais con charlas e dinámicas con LIBERA GALICIA.

Suturar feridas do capitalismo no tecido social, ambiental…

Colaboración e contacto con distintos colectivos que xa están traballando.

A coordinación, a colaboración, o contacto teñen que ser constantes entre os colectivos, asociaciones, agrupacións ou indiviuos que loitan por un sistema sostibel e sensibel. Son fonte de motivación, máquinas no traballo e na organización, visión crítica “desta realidade actual” que soe esquencerse de que as necesidades primordiais non poden ser carnaza especulativa.

A vida sostible é posíbel . Tódolos esforzos conseguen trocos cando se aunan, pero tamén son moi fráxiles, pois requiren esforzos diarios….

Para evitar que a ferida do capitalismo cangrene todo o tecido social. A coordinación entre colectivos que difunden problemáticas sectoriais ou puntuais, vulgarmente coñecidos coma: “os problemas duns poucos”, deben ser vistos coma problemas de tod@s, porque cando non se atenden, …expanden-se

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da súa navegación. Se continúas navegando aceptas o seu uso    Política de cookies
Privacidad